martes, 28 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS DÍA DO LIBRO

Atentos ás recomendacións dos vosos compañeiros e, ollo!! Algún libro repítese así que debe ser bo.

sábado, 24 de junio de 2017

FESTA FIN DE CURSO

Un novo curso chega ao seu fin. Nesta ocasión decidimos celebralo cunha festa hawaiana na que non faltou detalle e que favoreceu unha divertidísima xornada de convivencia de mestres e alumnado de todas as idades.
Aquí vos deixo unhas imaxes.



APROVEITO PARA DAR POR FINALIZADAS AS MIÑAS PUBLICACIÓNS NESTE BLOG XA QUE ESTE CURSO REMATA A MIÑA ETAPA NESTE CENTRO. ESPERO QUE VOS GUSTASE E VOS RESULTASE ÚTIL.
UN SAUDO PARA TOD@S E BO VERÁN!!!!!!

domingo, 11 de junio de 2017

"Educándonos"

O Concello de Poio leva a cabo un programa para escolares coñecido como "Educándonos". O cole Isidora Riestra participa no mesmo e nesta ocasión fomos convidaddos a mariscar cos profesionais deste sector.
A xornada, ademais de divertida e moi instructiva, foi moi entrañable xa que alumnas e alumnos tiveron ocasión de traballar ao carón dos seus familiares. Avoas, mamás, tías e tíos,.... Un verdadeiro placer.



EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Están a rematar dous cursos de traballo en común. Moitas actividades que nos fixeron sufrir e gozar. Como despedida decidimos facer unha saída á granxa O KIRIKOde Fornelos de Montes. Pasamos unha xornada estupenda.

jueves, 18 de mayo de 2017

MUSEO EFÍMERO

Moi interesante a actividade levada a cabo hoxe 18 de maio no CEP Isidora Riestra con motivo do día dos museos.
Despois de distribuirnos en grupos heteroxeneos compostos por alumnado dende 3 anos ata 6º de Ed. Primaria, saímos a recoller materiais cos que facer unha obra de arte efímera.
Espléndidos resultados tanto artísticos como de convivencia.

martes, 2 de mayo de 2017

Día do libro: Roald Dahl

Este ano adicamos ao gran escritor Roald Dahl o día do libro. Conmemoramos esta data tan importante con unha semana cultural chea de actividades. Nenos e nenas de 2º dramatizamos a súa obra QUE ASCO DE BICHOS!!.
Picando no seguinte enlace podedes ver a actuación.
Que asco de bichos!